Atopeina! Hai uns días escoitei unha canción dun rapeiro suízo fillo de emigrantes. Nela, falaba das súas experiencias na súa vila de orixe cando ía de vacacións ou de fin de semana, como tantos de nós. Todo aquel que ten aldea (que mal sona isto, porque non temos aldea, somos de aldea) tense que ver representado en moitas das súas estrofas. "O balón na eira", "os primeiros cigarros" e a mellor delas: "Quen sabe beber, tamén sabe rezar". Ai...! Esas "resacas do carallo" cando íamos a misa obrigados case sen durmir. Este Gran Purismo resume perfectamente a morriña do rural e as experiencias en San Claudio, Dombodán, Cores, Corme ou Pardeconde... Non si? Porque xa o digo eu: quen non tivo aldea, non tivo infancia. Escoitádeo aquí. 18.12.07
Aldea
Atopeina! Hai uns días escoitei unha canción dun rapeiro suízo fillo de emigrantes. Nela, falaba das súas experiencias na súa vila de orixe cando ía de vacacións ou de fin de semana, como tantos de nós. Todo aquel que ten aldea (que mal sona isto, porque non temos aldea, somos de aldea) tense que ver representado en moitas das súas estrofas. "O balón na eira", "os primeiros cigarros" e a mellor delas: "Quen sabe beber, tamén sabe rezar". Ai...! Esas "resacas do carallo" cando íamos a misa obrigados case sen durmir. Este Gran Purismo resume perfectamente a morriña do rural e as experiencias en San Claudio, Dombodán, Cores, Corme ou Pardeconde... Non si? Porque xa o digo eu: quen non tivo aldea, non tivo infancia. Escoitádeo aquí. 15.12.07
Cariño
23.11.07
Ja, ja, ja!
Izquierda Unida quiere mostrar públicamente su "total compresión y solidaridad" con el Partido Popular, después de que esta formación haya decidido copiar el lema utilizado por IU en la pasada campaña de las elecciones municipales y autonómicas de mayo. Fuentes de la formación que lidera Gaspar Llamazares consideran que "es comprensible, y nadie debe rasgarse las vestiduras por ello, que la falta de ideas del partido de Mariano Rajoy, demostrada a lo largo de toda la legislatura, le lleve a permitirse este tipo de licencias preelectorales, totalmente justificadas en su caso".
Todos los hombres y mujeres que trabajan en Izquierda Unida desean mostrar públicamente su "total disposición" a ayudar a Rajoy y a su equipo de campaña "a la hora también de mejorar su programa electoral en el supuesto caso de que carezca de ideas y medios económicos o humanos para conectar con la mayoría de ciudadanos".
No obstante, IU quiere mostrar su sorpresa ante el hecho de que "nuestro lema de la anterior campaña "Con IU es posible, contigo es posible" haya calado de manera tan profunda en los "gurús" electorales que tan sabiamente aconsejan al líder de la oposición de derechas. Pese a ello, por si hubiera alguna duda entre la dirección popular, deseamos aclarar que cuando empleamos la fórmula "Contigo es posible", no nos referíamos exactamente a Rajoy, aunque cualquier cambio de tendencia de última hora por su parte siempre será bienvenido".
Ante la falta de memoria histórica demostrada por el PP, Izquierda Unida pone a su disposición sus archivos y elementos electorales de campañas anteriores -eso sí, sentimos no haber elaborado muchos vídeos por falta de presupuesto- de cara a la dura cita electoral del próximo año para el caso de que quiera profundizar en la colaboración iniciada ahora, que sin duda puede ser muy fructífera para ambas partes.
20.11.07
Gratis
Publicar unha caricatura satírica do príncipe e a princesa na portada de El Jueves: 3.000 euros. Queimar unha foto do rei en público: 2.730 euros. Manifestarse a prol dunha ditadura con símbolos anticonstitucionais, reivindicar a volta dun réxime fascista, ofender as vítimas, proclamar actitudes racistas e xenófobas...: 0 euros. "Para todo lo demás..."12.11.07
Legal
Habería tantas cousas do que falar desta fin de semana. A bronca moderada de Zapatero a Chávez, a reacción de discusión taberneira do Rey, a hipocrisía dos que chaman fascista continuamente a Aznar pero critican que o faga un dirixente político, a morte dun afeccionado italiano, a unión dos que adoitan baterse para bater conxuntamente os policías... Todas estas noticias foron tratadas con detalle e amplitude na prensa, pero moitas menos liñas mereceu o asasinato dun rapaz de 16 anos. Un mozo que ía protestar contra a manifestación fascista dun partido de ultradereita, cuxos simpatizantes acoden ás convocatorias armados con navallas. Unha manifestación legal, permitida e autorizada polo Goberno malia os cánticos a favor de reximes fascistas, de Hitler, en contra dos inmigrantes e da convivencia. Porque unhas manifestacións prohíbense por apoloxía do terrorismo, pero esta, polo que se ve, non tiña motivos para ser impedida. Defender o franquismo ou a discriminación racial non é apoloxía do terrorismo. Para nada.7.11.07
Ceuta española... Gibraltar tamén!
5.11.07
Samaín 2007
Non está mal recuperar as tradicións. Hai quen segue pensando que o das cabazas decoradas é cousa dos ianquis, pero meu pai aínda se lembra de cando os rapaces roubaban os melóns (as calabazas, os calabazotes...) para decoralas pola parroquia. En Cedeira levan anos celebrando o Samaín ou Festa das Caliveras. Este ano tamén o fixeros os Curriolos. É só a primeira edición... Haberá máis.
30.10.07
Samaín

29.10.07
Mediocres

*Porque ante os necios fanse oídos xordos, pero ante os que admiras e respectas é máis difícil quedar calado. Tamén en www.l-v.es.
25.10.07
Dez anos sen Diego
Hoxe hai dez anos que Maradona deixou o fútbol profesional. Desde aquela, este deporte xa non é o mesmo. El, que gañou un Mundial con Valdano ou Burruchaga como maiores estrelas secundarias; el, que fixo do Nápoles unha lenda en tan poucos anos; el, que representa todo o malo que o ego excesivo pode provocar nunha persoa... Pero, como me dixo Calamaro nunha entrevista: "Alguien debería alguna vez ponerse en el lugar del Diego e imaginarse lo difícil que es ser un Dios para tanta gente". Porque ninguén acadará nunca o nivel de mito dun xogador capaz de joder os ingleses cun gol na man para, pouco despois, anotar o tanto máis bonito da historia. El, que era capaz de que 50.000 persoas chegaran antes ao estadio para ver os seus exercicios de quecemento (fixádevos no vídeo!). El, que foi capaz de que estivera unha mañá enteira nervioso agardando o momento de ver, por primeira vez na miña vida, a Dios nun campo de fútbol. Aquel día, o único que fixo foi romperlle o nariz a Albístegui dunha patada. Porque el era así. Imprevisible e espectacular en calquera momento, pero único.
22.10.07
O clima de Rajoy
Di Rajoy que hai "cosas más importantes que el cambio climático" e fixo referencia a un primo seu (catedrático de Física) para advertir de que non é posible predicir "ni qué tiempo va a hacer mañana en Sevilla". ¿Para canto máis dentro de 300 anos? Eu tampouco sei se estarei morto mañá, pero si sei que se como grasa cinco veces ao día e fumo un paquete diario, é posible que non viva todo o desexado. En fin, máis aló de pensar que este home razona moi á súa maneira, o caso é que fiarse das consideracións científicas de quen asegurou que no Prestige se observaban "cuatro regueros casi solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical" non debería ser recomendable. O fuel saía do maldito barco a un ritmo de 125 toneladas diarias cando Rajoy abriu a boca. Se cadra, a terra desaparece moito antes que dentro de 300 anos.16.10.07
Porto. Tão perto, tão longe
Tão perto, tao longe. Así está Porto. Perto, a pouco máis de dúas horas en coche, a moito menos en canto ao idioma e costumes. Longe, tan lonxe que semella que vivimos de costas. Un, que tivo o pracer de visitalo hai ben pouco, segue sen entender como moitos adoitan buscar unha gran cidade a milleiros de quilómetros, cando tão perto existe unha urbe dinámica, enorme (máis de millón duascentas mil persoas, sen contar a súa enorme área metropolitana), viva, con prezos semellantes aos galegos, cunha grande oferta cultural e centos de opcións de ocio ou compras. E de traballo, por que non? Pero seguimos de costas. Tan de costas, que xa hai máis rapaces estremeños que galegos que deciden aprender portugués no instituto. Éche así. Tamén resulta estraño comprobar como ducias de turistas galegos insisten en falar español cos veciños lusos, mentres eles se esforzan por responder nun castelán máis que aceptable. Pero eles tamén falan un inglés perfecto. E non lles dá voltas a cabeza por aprender tanto idioma.
9.10.07
8.10.07
40 anos sen Che Guevara
4.10.07
Ata sempre, amigo
Aínda sinto algo no estómago. Creo que nunca unha morte dunha persoa descoñecida me impactou tanto. Minto, Carlos Llamas non era un descoñecido. El era un máis da familia. A súa voz acompáñame desde que teño uso de razón. Ceando, no coche, de fondo na ducha... Sempre estaba aí. Na Coruña, en Santiago, en Barcelona... Canto se botaba de menos en Londres! A súa calma, o seu saber estar, a súa honestidade... Moito máis aló de estar dacordo ou non con el. Porque nestes tempos nos que algúns intentan enfrontar e incendiar a sociedade desde as ondas, a súa marcha é máis dura aínda. O seu exemplo será imborrable.Para aqueles que admiramos a radio, aqueles que non podemos pasar un día sen que nos acompañe, para os que incluso medramos xunto a el, hoxe é un día triste. Volveu para darnos esperanzas, pero non puido aguantar. Descanse en paz. Ata sempre, amigo!
3.10.07
Crecen as grúas
28.9.07
Paciencia
A paciencia esgotouse para unha boa parte duns seareiros que asumiron, de xeito exemplar, o paso da Champions á parte media da clasificación.
Sergio, quizais por ser o representante daquela herdanza histórica, leva todos os paus. E el tamén perdeu a paciencia. Certo que non rende coma nos mellores tempos, pera a culpa non é toda súa. O mellor, para ambas as dúas partes, sería esperar. Un, que espere e medite antes de botar a lingua a pacer. A xente, por que non?, que agarde ao final do partido para asubiar.*
Tamén en www.l-v.es
24.9.07
Educación... para todos
20.9.07
Selecciones
Dice Eduardo Galeano en su obra El fútbol a sol y sombra que no entiende como Gales o Escocia tienen su propia selección de fútbol, mientras "en España, con múltiples nacionalidades, no puede haber más equipos". El escritor uruguayo, poco sospechoso de separatista, independentista o radical, expresa una inquietud que vuelve a la actualidad tras la famosa guerra de camisetas en el Congreso.Ridícula puesta en escena de este conflicto, pero muy efectiva si lo que se quería era sacudir los "sentimientos" de los que hablaron los diputados nacionalistas. Difícil de entender para quien siempre sintió una camiseta –la roja- como suya, pero mucho más fácil para el que no se emociona con ella. Para el que no lo hace al menos con esa afición que insiste en animar a su equipo con capotes, trajes de luces, castañuelas y bombos. Para quien no comprende a aquellos que en su intención de animar a su equipo favorito lucen banderas españolas en un partido de la Liga española contra un equipo español (¡cómo alucinan los extranjeros cuando se dan cuenta!).
Es tan simple como eso: sentimiento. Perdonen, pero hay quien no puede emocionarse ni identificarse con la selección española, pero sí se emociona con su propio himno, sus propios colores… Eso no impide, sin embargo, que uno se alegre cantidad de veces de las victorias de la selección española, más viendo el comportamiento ejemplar del baloncesto o el balonmano. Pero es diferente. No es lo mismo. No saldría a celebrarlo. Impresiona, alegra, pero no emociona.
PP y PSOE, tan separados últimamente en todo, se unen ahora para evitar una modificación de la Ley del Deporte que posibilitaría la creación de selecciones autonómicas oficiales. Se equivocan. Escocia o Gales, con una autonomía politica infinitamente menor a la de Euskadi, Cataluña o Galicia, siempre han tenido sus propias selecciones nacionales. Eso sí, nadie duda de que Escocia o Gales sean una nación pese a que dependen de la Reina de Inglaterra y tienen escasa capacidad de decisión más allá de Westminster. Pero juegan al fútbol y al rugby. Son alguien, están representados.
Y no me vengan con disculpas. ¿Que si Cataluña, Euskadi o Galicia tendrían que tener liga propia? Tres equipos de Gales compiten en la liga inglesa y hace años que sueñan con organizar una competición británica incluyendo al Celtic y al Rangers.¿Qué sólo se pueden aceptar selecciones cuyos estados son reconocidos por el Comité Olímpico Internacional? El Reino Unido compite bajo una misma bandera en los Juegos.
Y es que Escocia y Gales son un equipo, y en consecuencia, un país, una nación. Nadie lo niega. El fútbol es así. Crea fronteras. Piénsenlo. El fútbol, como el circo para los romanos, es evasión para el pueblo. Mientras canten y griten en el estadio no les darán tanto la vara en el Congreso. Piénsenlo. A lo mejor, lo que ustedes niegan es parte de la solución. A lo mejor, el separatismo deportivo supone mayor unión politica. El fútbol hace milagros.
11.9.07
Canteira
Aqueles que admiramos as crónicas de Santiago Segurola e a súa sabedoría futbolística non podemos deixar de ler os seus comentarios semanais. Unha vez máis, o xornalista sorpréndenos con algunha das súas respostas. Houbo unha que debería facer reflexionar a máis dun. Preguntado sobre cal cría que era o mellor xogador español de todos os tempos, o ex de El País nomea varios en primeiro termo: Luis Suárez, Amancio, Pirri, Iribar, Hierro e Raúl. Ademais, inclúe algúns máis polos que recoñece "debilidade": Guardiola, Míchel, Gordillo, Fran, Guti, Goikoetxea. Reparan nalgo especial? Si, os dous primeiros que cita son coruñeses. Un criado na rúa da Torre, o único español Balón de Ouro e esquecido en España pero elevado a condición de mito en Italia ("Luisito, grande!", dixo un seareiro do Atalanta durante o último Teresa Herrera cando se lle lembrou que era natural da Coruña). O outro, dos Mallos. Entre as debilidades de Segurola aparece Fran, outro grande que con máis carácter sería sen dúbida o mellor interior esquerdo de Europa na súa época.13.8.07
Culpables
Daquela, a culpa dun atentado será de ETA, do PSOE e do Goberno de Zapatero. Pero a culpa da Guerra Civil foi "¡toda!" dos políticos republicanos. Por suposto, nada tiveron que ver nin os militares sublevados, nin Franco, nin un golpe de Estado.
30.7.07
Saber venderse
Os galegos non choran, emigran. O mesmo ocorre no fútbol. Hai anos, cando Deportivo e Celta loitaban cos mellores equipos de Europa, era case impensable que rapaces do Fabril ou do filial celtiña puideran competir con homes como Naybet, Cáceres, Mostovoi, Djalminha, Fran, Karpin ou Luque. Iso si, anos despois, o Celta baixou e tirou de Oubiña. Na reconversión do Dépor, Iago, pegando un chimpo de Terceira a Primeira, rendeu como substituto dun tal Valerón. Pero iso non chega. Hai que saber venderse. Antes aludíase ao escaso currículo ou á inexperiencia dos novos para xustificar a ausencia de canteiráns. Iago: 15 partidos en Primeira, catro goles (dous o ano pasado en tan só 345 minutos, o mellor promedio do equipo), internacional sub 21... Non chega. “Grazas, pero adeus”, diranlle. Xurdiu nunha situación difícil, chovéronlle eloxios -“lo más parecido a Fran desde que Fran se fue”, dixo algún medio-, pero non valeu. Nunca levantou a voz nin se queixou malia perder excelentes oportunidades por culpa dun adestrador que o mareou mentres enchía a boca falando de canteira. “Agora si, agora non, agora queda, mellor vaite...” E iso a pesar de ser, posiblemente, o xogador que máis barato lle saíu ao Deportivo. Como Jonathan Aspas no Celta, que recoñeceu un soldo irrisorio e digno de 2ªB comparado con algunha desas estrelas mundiais que descendeu a Segunda. Son rendibles, pero non se queixan, non presumen, non presionan e ninguén lles fai despedidas como heroes. Marchan, como fixo Viqueira. Quen llelo dera agora a algún dos nosos.Sorte amigo!!!
9.7.07
"Todo por la... humanidad"
Nunca me gustaron os exércitos. Nin as guerras, claro. Nin os seus lemas. Moito menos aínda. Iso si, recoñezo o labor humanitario que fan en moitas partes do mundo. Pero hai cousas que un non entende.
Foron varios os soldados que esta fin de semana marcharon para o Líbano desde Santiago. Supoño que con medo, ou respecto polo menos, logo do acontecido con compañeiros seus hai ben pouco. Había emoción nos seus familiares, pero houbo unha declaración que me deixou pasmado. Unha desas típicas de orgullo nacional. Sen medo
aparente, con... cojones.“Estoy contento porque va a luchar por la patria”, dixo un dos familiares. Moi típico. ¿Por que patria vai loitar? Supoño que pola do Líbano, porque é a que teñen que intentar pacificar e axudar no seu desenvolvemento. ¿Ou é que viaxa para salvar a España de non sei quen?
Declaracións como esta, tan habituais, son as que seguen amosando a parte máis rancia dos exércitos, se é que hai algunha parte que non o sexa... Mellor pensado, si que a hai. A de centos de inmigrantes que ingresan nas forzas armadas para gañar uns cartos que lle son difíciles de conseguir doutro xeito. ¿A que patria van salvar eles? As patrias non merecen nunca darlles todo, pero quen si o merece é a humanidade e a xente, o que, por outra parte, sería beneficio para todas os países, nacións ou pobos que eles queiran. Empecen cambiando os seus lemas nos cuarteis. ¿“Todo por la patria”?. Non, “¡Todo por la humanidad!”.
21.6.07
Unha Liga de cu
Non podía ser doutro xeito. O gol de Diarra que lle deu a Liga ao Real Madrid é unha metáfora perfecta do que foi o campionato. Marcou o de Malí, criticado a partes iguais con Emerson como símbolo do fútbol tacaño de Capello. Rematou de cabeza, ¡como ía ser! E a pelota acabou entrando na portería tras dar no cu dun tal Bassinas (aforro comentarios e xogos de palabras). Porque este Madrid tiña que gañar o título de cu, na honra de Capello, que non sei se ten unha flor no ídem ou un ramo enteiro.O Barça despistouse, o Sevilla ambicionou demasiado e o gran criticado acabou apagando as queixas que tanto se escoitaron desde o seu propio bando. Que máis dá agora se Guti e Gago empezaron no banco ante o Mallorca? Que máis dá o fútbol patético? Gañou, malia empatar a puntos, e listo. O fútbol é así, que diría o outro.
Pero algo pasa neste mundo cando os Quiques, Caparrós e Capellos acaban sendo os grandes triunfadores. Paixón polas cores. Mérito de sudoración. Espectáculo: cero.
E menos mal que queda a paixón. A afección, os seareiros. Ese é o maior espectáculo dalgúns equipos. Coma no Athletic. Un exemplo. Enchen o campo unha e outra vez malia o que teñen que aturar. Animan como poucos e agardan o asubío final do último partido para protestar. Inimitables. Outros baleiran o estadio toda a tempada e só o enchen ao final entre agasallos e prezos ridículos na busca dun milagre. Igual esa é a clave para recuperar o fútbol. Prezos populares, agasallos e festa porque, ao final, o espectáculo e a única verdade do fútbol están na xente... agás nalgúns casos. O Deportivo gañou a súa primeira Liga en 94 anos e a cidade saíu en masa á rúa. Disque había trescentas mil persoas pola Coruña, e non se lembra nin un só incidente grave. O Madrid gaña o seu trixésimo título ligueiro e hai máis de cen feridos e unha chea de detidos. Non quero pensar como lle chamarían a iso se sucedese no País Vasco. “Es que el fútbol es así”, dirán agora.
12.6.07
Sen Casa, sen Lubre
É impagable ter unha barra onde apoiarte. Si, como un ombro no que buscas consolo. É único ter de man un bar no que sabes que sempre atoparás conversa, discusión, amigos... Hai quen sae da casa por non estar nela, pero hai tamén quen busca fóra un fogar no que poder meter tantos amigos. A Cova ou a Casa da Lubre son, desde hai tempo, dous deses lugares. Únicos e complementari
os.Desde o vindeiro 28, xa só nos quedará unha desas casas okupas, unha desas barras cómplices. Porque ás veces un pensa que o mármore pode amoldarse ao teu brazo nalgúns locais. Como na Lubre. Perderemos ese recuncho reservado pero, ao mesmo tempo, perderemos tamén moitas reflexións, moitas parvadas, moitas risas, ilusións, cabreos... O falar non ten cancelas. Preto de Xulio e Tere, Rodrigo, Pesqui, Álex, Pedriño... Non había muro que parase tanto parolar entre nós.
Non buscabamos boureo nin festa no noso recuncho. Buscabamos afinidade, confianza: unha casa. Porque esa é tamén unha das nosas Casas, e tamén a nosa Lubre, un deses montes máxicos onde as palabras se fixeron eternas. Ai... se as paredes falasen. Falarían abondo... e calarían outro tanto. Buscaremos outro recuncho, pero ningún coma ese. Seguro. Foi unha mágoa non descubrilo moito antes. Grazas!
6.6.07
Metralla

A súa non é a historia dun miliciano heroico, romántico ou utópico en loita contra o fascismo. A súa é a historia dun home obrigado a loitar dun bando (o franquista) do que pouco sabía, e logo de que o subiran nun camión de falanxistas armados con tan só 17 anos. A súa historia é a dun ser humano, humano con letras maiúsculas, que non quería nin tiña valor para matar.
"Facía como que apuntaba, pero nunca disparaba ás persoas", contábame. E nunha desas batallas nas que se vía obrigado a participar, meu avó seguía disimulando, disparando ao aire e evitando alcanzar un home que, como dicía, "podía ser calquera amigo". Dunha vez tivo diante a un deses inimigos impostos. Meu avó non disparou e viu como unha granada estoupaba aos seus pés. Feriuno gravemente, pero foi un alivio. Nunca máis tivo que coller un fusil naquela guerra. Pasou meses na enfermaría escribindo o seu diario e agochando cartas que chegaban do outro bando… Pero esa é outra historia que xa contarei. Unha máis das que me falou e das moitas que levou consigo… E canda a metralla.
31.5.07
Eleccións, fútbol e Real Madrid
Di un amigo que ser do PP é coma ser do Madrid. Non lle falta certa razón. Os votantes populares, coma os madridistas –di el-, son fieis e maioría. O equipo merengue foi durante anos a representación máis real do centralismo español e, ao igual que o PP, arrasa no centro e na súa periferia, pero non na periferia máis afastada.Ao igual que ao Real Madrid, ao PP quérelo ou o odias. Non hai outra. O PP é maioría, pero cústalle atopar socios cos que pactar. No fútbol tamén. Máis aló das vinculacións evidentes co tardo-franquismo, a etapa galáctica de Florentino Pérez provocou a bipolarización futbolística do Estado, tan evidente na política. As dúas Españas, que adoitan dicir. Madridistas, ou pequenos afíns, e antimadridistas (todos os demais). Como en política.
Igual que moitos intentan entender como é posible que este PP acumule tantos votos e sexa maioría nas vilas acosadas pola corrupción urbanística, outras pregúntanse como é posible que o Real Madrid sexa a estas alturas o máximo candidato a gañar o título. Despois de tantas críticas, tanta mezquindade no xogo e tantas meteduras de pata de Capello (que llo pregunten a Helguera ou Beckham)… "E tanta arrogancia!", engaden outros.
O caso é que agora, na política, o PSOE e os seus aliados buscan pactos para darlle unha alternativa de progreso á dereita do PP. BNG, IU, Nafarroa Bai, ERC… Todos únense co PSOE (ese Barça da política) para evitar a vitoria pepera. No fútbol, atléticos, sevillistas, culés, moitos deportivistas (velaí un exemplo do que o Madrid colleita agora en feudos moi brancos antes), celtistas, realistas, osasunistas… Son maioría os que preferirían unha Liga blaugrana ou do Sevilla antes ca do Madrid. A cuestión é que na política, ademais de maletíns, tamén hai pactos. O fútbol é un xogo e os pactos (case sempre) son inviables, pero os maletíns, negros e escuros, sempre son benvidos.
16.5.07
Que é borear?







