24.9.07

Educación... para todos

E dálle coa Educación para a Cidadanía. Agora, o presidente da Comunitat Valenciana propón que no seu territorio a materia se imparta en inglés. ¿Ironía, retranca, demagoxia? Todo xunto. “Así, los niños no entenderán y no podrán ser influidos por el adoctrinamiento del régimen de ZP”, pensará. Algo de razón ten. Se é enteiramente en inglés, non se enterarán de moito. Tampouco el se enteraría, ¿non? Nin Zapatero, nin Aznar, nin Felipe González, nin Touriño, nin... Si, é así de triste. Milleiros de mozos españois marchan cada ano a aprender inglés como poden. Traballando horas detrás dunha barra ou onde lles deixan. Todo por acadar, polo menos, un nivel básico que non teñen ningún dos analfabetos (si, analfabetos en inglés) que nos gobernan. Agora ben, o PP séguese preocupando pola perigosa Educación para a Cidadanía mentres os seus van a colexios privados a ser adoctrinados pola Igrexa e a relixión. En castellano, por supuesto.

No hay comentarios: