A afección sempre ten a razón. O que paga, manda. A bancada deportivista leva dous anos aturando un pésimo espectáculo. Con Caparrós, malia uns dignos resultados, o fútbol de toque marchou. Con Lotina, agás ante o Betis, o xogo non mellora.
A paciencia esgotouse para unha boa parte duns seareiros que asumiron, de xeito exemplar, o paso da Champions á parte media da clasificación.
Sergio, quizais por ser o representante daquela herdanza histórica, leva todos os paus. E el tamén perdeu a paciencia. Certo que non rende coma nos mellores tempos, pera a culpa non é toda súa. O mellor, para ambas as dúas partes, sería esperar. Un, que espere e medite antes de botar a lingua a pacer. A xente, por que non?, que agarde ao final do partido para asubiar.*
Tamén en www.l-v.es

1 comentarios:
Demasiado pedir para unha parroquia que entende de todo menos de fútbol... e senón párate a pensalo.
Vémonos na Cova!
Publicar un comentario en la entrada