9.7.07

"Todo por la... humanidad"



Nunca me gustaron os exércitos. Nin as guerras, claro. Nin os seus lemas. Moito menos aínda. Iso si, recoñezo o labor humanitario que fan en moitas partes do mundo. Pero hai cousas que un non entende.
Foron varios os soldados que esta fin de semana marcharon para o Líbano desde Santiago. Supoño que con medo, ou respecto polo menos, logo do acontecido con compañeiros seus hai ben pouco. Había emoción nos seus familiares, pero houbo unha declaración que me deixou pasmado. Unha desas típicas de orgullo nacional. Sen medo aparente, con... cojones.
“Estoy contento porque va a luchar por la patria”, dixo un dos familiares. Moi típico. ¿Por que patria vai loitar? Supoño que pola do Líbano, porque é a que teñen que intentar pacificar e axudar no seu desenvolvemento. ¿Ou é que viaxa para salvar a España de non sei quen?
Declaracións como esta, tan habituais, son as que seguen amosando a parte máis rancia dos exércitos, se é que hai algunha parte que non o sexa... Mellor pensado, si que a hai. A de centos de inmigrantes que ingresan nas forzas armadas para gañar uns cartos que lle son difíciles de conseguir doutro xeito. ¿A que patria van salvar eles? As patrias non merecen nunca darlles todo, pero quen si o merece é a humanidade e a xente, o que, por outra parte, sería beneficio para todas os países, nacións ou pobos que eles queiran. Empecen cambiando os seus lemas nos cuarteis. ¿“Todo por la patria”?. Non, “¡Todo por la humanidad!”.

3 comentarios:

aidutxi dijo...

Admiro mucho la honestidad con la que cuentas lo que pasa y lo que ves. Lo tuyo es un ejercicio que no sé cómo definir, pero tal vez la palabra también sea humanidad. Hay mucha en tus ojos y en tus palabras Mikel!

Rodri dijo...

ha das peores cousas do mundo e o patriotismo de países con poder,canto maior e o nivel de patriotismo mais fácil e de controlar a xente e que boten ou fagan auténticas atrocidades a son das ordes de un estado, simplemente son terroristas legais ,son malos para a sociedade e para o individuo son minadores da conciencia e derruba dores de morais,e se os estados se moven por intereses económicos o exercito e simplemente filas de peóns e alfís para defender o rei empresario se teñen que facer mísions humanitarias que as fagan as O.N.G ,en definitiva Migui que mellor ser patriota de un estado que non ten poder nin economía por iso me gusta tanto ser galego o patriotismo e de corazón.

Rodri dijo...

Un consello para a túa blog,habilita os comentarios como fiestras emerxentes,tes que ir a opcións habilitar comentarios como fiestras emerxentes e queda de putis mother...