16.5.07

Que é borear?



Borear é unha desas palabras que non se atopan no diccionario. Na miña terra, borea aquel do que non se sabe ben o que está a facer ou aquel que fai algo sen beneficio concreto. "Debe andar boreando por aí" ou "anda de boreo" son expresións moi típicas na comarca do Ortegal (e supoño que noutras tamén). Pero, á vez, borear é tamén falar e falar sen chegar a ningures. Como case sempre. Internet e a Rede permiten que borear xa non sexa tal. Agora, calquera boreo pode cobrar relevancia desde un pequeno recuncho e para todo o mundo.

4 comentarios:

aidutxi dijo...

Qué tesoro de palabra (también me gustó mucho recuncho) y qué buena noticia que arranques un blog, qué buena noticia poder ir sabiendo de ti, qué buena noticia poder leerte...

Muchos ánimos para tu aventura bloguera, yo seguro que te sigo...
Besos, tremendo!

Rodri dijo...

Nora boa Migui¡¡¡¡¡ facía falla outra visión máis do concepto galego, gústame a idea porque tes moito que dicir e contar , cada dia mais blogeiros, si señor .
Unha aperta e non te desanimes en seguir actualizando.

tzesire dijo...

linda palabra y muy acertada para los que andamos por aki de blog en blog.
suerte y bienvenido

Anónimo dijo...

Tamén é común na miña comarca (Ferrolterra) non so en Ortigueira. A teño escoitada, aínda, na terra chá.