Non está mal recuperar as tradicións. Hai quen segue pensando que o das cabazas decoradas é cousa dos ianquis, pero meu pai aínda se lembra de cando os rapaces roubaban os melóns (as calabazas, os calabazotes...) para decoralas pola parroquia. En Cedeira levan anos celebrando o Samaín ou Festa das Caliveras. Este ano tamén o fixeros os Curriolos. É só a primeira edición... Haberá máis.
Mostrando entradas con la etiqueta Amigos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Amigos. Mostrar todas las entradas
5.11.07
4.10.07
Ata sempre, amigo
Aínda sinto algo no estómago. Creo que nunca unha morte dunha persoa descoñecida me impactou tanto. Minto, Carlos Llamas non era un descoñecido. El era un máis da familia. A súa voz acompáñame desde que teño uso de razón. Ceando, no coche, de fondo na ducha... Sempre estaba aí. Na Coruña, en Santiago, en Barcelona... Canto se botaba de menos en Londres! A súa calma, o seu saber estar, a súa honestidade... Moito máis aló de estar dacordo ou non con el. Porque nestes tempos nos que algúns intentan enfrontar e incendiar a sociedade desde as ondas, a súa marcha é máis dura aínda. O seu exemplo será imborrable.Para aqueles que admiramos a radio, aqueles que non podemos pasar un día sen que nos acompañe, para os que incluso medramos xunto a el, hoxe é un día triste. Volveu para darnos esperanzas, pero non puido aguantar. Descanse en paz. Ata sempre, amigo!
12.6.07
Sen Casa, sen Lubre
É impagable ter unha barra onde apoiarte. Si, como un ombro no que buscas consolo. É único ter de man un bar no que sabes que sempre atoparás conversa, discusión, amigos... Hai quen sae da casa por non estar nela, pero hai tamén quen busca fóra un fogar no que poder meter tantos amigos. A Cova ou a Casa da Lubre son, desde hai tempo, dous deses lugares. Únicos e complementari
os.Desde o vindeiro 28, xa só nos quedará unha desas casas okupas, unha desas barras cómplices. Porque ás veces un pensa que o mármore pode amoldarse ao teu brazo nalgúns locais. Como na Lubre. Perderemos ese recuncho reservado pero, ao mesmo tempo, perderemos tamén moitas reflexións, moitas parvadas, moitas risas, ilusións, cabreos... O falar non ten cancelas. Preto de Xulio e Tere, Rodrigo, Pesqui, Álex, Pedriño... Non había muro que parase tanto parolar entre nós.
Non buscabamos boureo nin festa no noso recuncho. Buscabamos afinidade, confianza: unha casa. Porque esa é tamén unha das nosas Casas, e tamén a nosa Lubre, un deses montes máxicos onde as palabras se fixeron eternas. Ai... se as paredes falasen. Falarían abondo... e calarían outro tanto. Buscaremos outro recuncho, pero ningún coma ese. Seguro. Foi unha mágoa non descubrilo moito antes. Grazas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





