22.10.07

O clima de Rajoy

Di Rajoy que hai "cosas más importantes que el cambio climático" e fixo referencia a un primo seu (catedrático de Física) para advertir de que non é posible predicir "ni qué tiempo va a hacer mañana en Sevilla". ¿Para canto máis dentro de 300 anos? Eu tampouco sei se estarei morto mañá, pero si sei que se como grasa cinco veces ao día e fumo un paquete diario, é posible que non viva todo o desexado. En fin, máis aló de pensar que este home razona moi á súa maneira, o caso é que fiarse das consideracións científicas de quen asegurou que no Prestige se observaban "cuatro regueros casi solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical" non debería ser recomendable. O fuel saía do maldito barco a un ritmo de 125 toneladas diarias cando Rajoy abriu a boca. Se cadra, a terra desaparece moito antes que dentro de 300 anos.

2 comentarios:

Dietrichv dijo...

Realmente pode-se esperar outra cousa de estes compatriotas?

Alfredinho dijo...

Estou seguro que o primo de Rajoy non desexaba para nada este tipo de publicidade. Fraco favor lle fixo.