18.12.07

Aldea

Atopeina! Hai uns días escoitei unha canción dun rapeiro suízo fillo de emigrantes. Nela, falaba das súas experiencias na súa vila de orixe cando ía de vacacións ou de fin de semana, como tantos de nós. Todo aquel que ten aldea (que mal sona isto, porque non temos aldea, somos de aldea) tense que ver representado en moitas das súas estrofas. "O balón na eira", "os primeiros cigarros" e a mellor delas: "Quen sabe beber, tamén sabe rezar". Ai...! Esas "resacas do carallo" cando íamos a misa obrigados case sen durmir. Este Gran Purismo resume perfectamente a morriña do rural e as experiencias en San Claudio, Dombodán, Cores, Corme ou Pardeconde... Non si? Porque xa o digo eu: quen non tivo aldea, non tivo infancia. Escoitádeo aquí.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Oes, que pasa? Eu non che tiven aldea, pero si que tiven infancia. E que é lacoru senón a suma de pequenas aldeas?
Iván

Boreando dijo...

É unha forma de falar, home. O que quero dicir é que hai cousas que son difíciles de explicar se non as viviches aló. Por exemplo, o que di dos vellos xogando as partidas e teu pai dándoche moedas... Para xogar ao billar, por exemplo.. Ou para que os deixaramos en paz. Era un comentario sen acritude, e ben sabes que, en todo caso, non iría por ti.

Alfredinho dijo...

Estou completamente de acordo. Nas aldeas vívense cousas que deixan unha pegada en nós que levaremos por sempre, e que ademáis nos queda cojonudamente... ;)

Anónimo dijo...

a verdade é que si... ser de aldea é o mellor!vives experiencias únicas que te marcan, e esta canción rememóraas todas!chorei cando a escoitei por primeira vez !! Isa