
30.10.07
Samaín

29.10.07
Mediocres

*Porque ante os necios fanse oídos xordos, pero ante os que admiras e respectas é máis difícil quedar calado. Tamén en www.l-v.es.
25.10.07
Dez anos sen Diego
Hoxe hai dez anos que Maradona deixou o fútbol profesional. Desde aquela, este deporte xa non é o mesmo. El, que gañou un Mundial con Valdano ou Burruchaga como maiores estrelas secundarias; el, que fixo do Nápoles unha lenda en tan poucos anos; el, que representa todo o malo que o ego excesivo pode provocar nunha persoa... Pero, como me dixo Calamaro nunha entrevista: "Alguien debería alguna vez ponerse en el lugar del Diego e imaginarse lo difícil que es ser un Dios para tanta gente". Porque ninguén acadará nunca o nivel de mito dun xogador capaz de joder os ingleses cun gol na man para, pouco despois, anotar o tanto máis bonito da historia. El, que era capaz de que 50.000 persoas chegaran antes ao estadio para ver os seus exercicios de quecemento (fixádevos no vídeo!). El, que foi capaz de que estivera unha mañá enteira nervioso agardando o momento de ver, por primeira vez na miña vida, a Dios nun campo de fútbol. Aquel día, o único que fixo foi romperlle o nariz a Albístegui dunha patada. Porque el era así. Imprevisible e espectacular en calquera momento, pero único.
22.10.07
O clima de Rajoy
Di Rajoy que hai "cosas más importantes que el cambio climático" e fixo referencia a un primo seu (catedrático de Física) para advertir de que non é posible predicir "ni qué tiempo va a hacer mañana en Sevilla". ¿Para canto máis dentro de 300 anos? Eu tampouco sei se estarei morto mañá, pero si sei que se como grasa cinco veces ao día e fumo un paquete diario, é posible que non viva todo o desexado. En fin, máis aló de pensar que este home razona moi á súa maneira, o caso é que fiarse das consideracións científicas de quen asegurou que no Prestige se observaban "cuatro regueros casi solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical" non debería ser recomendable. O fuel saía do maldito barco a un ritmo de 125 toneladas diarias cando Rajoy abriu a boca. Se cadra, a terra desaparece moito antes que dentro de 300 anos.16.10.07
Porto. Tão perto, tão longe
Tão perto, tao longe. Así está Porto. Perto, a pouco máis de dúas horas en coche, a moito menos en canto ao idioma e costumes. Longe, tan lonxe que semella que vivimos de costas. Un, que tivo o pracer de visitalo hai ben pouco, segue sen entender como moitos adoitan buscar unha gran cidade a milleiros de quilómetros, cando tão perto existe unha urbe dinámica, enorme (máis de millón duascentas mil persoas, sen contar a súa enorme área metropolitana), viva, con prezos semellantes aos galegos, cunha grande oferta cultural e centos de opcións de ocio ou compras. E de traballo, por que non? Pero seguimos de costas. Tan de costas, que xa hai máis rapaces estremeños que galegos que deciden aprender portugués no instituto. Éche así. Tamén resulta estraño comprobar como ducias de turistas galegos insisten en falar español cos veciños lusos, mentres eles se esforzan por responder nun castelán máis que aceptable. Pero eles tamén falan un inglés perfecto. E non lles dá voltas a cabeza por aprender tanto idioma.
9.10.07
8.10.07
40 anos sen Che Guevara
4.10.07
Ata sempre, amigo
Aínda sinto algo no estómago. Creo que nunca unha morte dunha persoa descoñecida me impactou tanto. Minto, Carlos Llamas non era un descoñecido. El era un máis da familia. A súa voz acompáñame desde que teño uso de razón. Ceando, no coche, de fondo na ducha... Sempre estaba aí. Na Coruña, en Santiago, en Barcelona... Canto se botaba de menos en Londres! A súa calma, o seu saber estar, a súa honestidade... Moito máis aló de estar dacordo ou non con el. Porque nestes tempos nos que algúns intentan enfrontar e incendiar a sociedade desde as ondas, a súa marcha é máis dura aínda. O seu exemplo será imborrable.Para aqueles que admiramos a radio, aqueles que non podemos pasar un día sen que nos acompañe, para os que incluso medramos xunto a el, hoxe é un día triste. Volveu para darnos esperanzas, pero non puido aguantar. Descanse en paz. Ata sempre, amigo!

