14.7.08

Manifesto de parede

As paredes sempre falaron claro e, ás veces, moito mellor ca un cento de manifestos xuntos.

5 comentarios:

Nacho Carretero dijo...

Ése é o tema, ó cabo. Quenes falan, quenes son monolingües ou bilingües, son as persoas, non os países ou territorios.

Grande o blog Miguel. Leóte dende hai meses.

Aperta.

Anónimo dijo...

Gran blog e todo iso, xa o sabes bla, bla, bla, mamadas varias.

Pero a realidade sobre este 'particular' é outra. Miña nai falaba galego, meu pai tamén. A min críaronme en castelán, non fora que por falar 'pailán' non chegara a ser 'nadie en la vida'. Convivencia idiomática feliz? Unha merda. Simple e noxento autoodio.

E non caigades na trampa dos biligüistas oficiais (os que fixeron esta pintada ben asinarían o famoso manifesto) é a mesma farsa dos constitucionalistas oficiais. Son os mesmos fachas de toda a vida.

O castelán amenazado en Galicia???
Si, e los 40 principales en perigo por culpa de Radio 3 no te jode...

Por certo, na tan políticamente guay frase da pintada (paseo marítimo á altura de San Roque pa quen a queira ver) non é casualidade que unha frase sexa en galego e dúas en castelán. O feliz e folclórico 33% que nos permiten porque "a mí me parece muy bien que se hable si hay gente que quiere".

E por último, querido amigo 'desanimado' que escribes máis arriba: priorizar o individuo sobre o colectivo é a regla básica do peor neoliberalismo (cada cal que se busque a vida, e si é multimillonario xenial, se morre de fame, mala sorte...). Somos individuos porque pertencemos a territorios. O resto chámase autismo político.

Bicos a todos dun diglósico perdido.

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Boreando dijo...

Tes toda a razón. O único que quería manifestar coa foto da pintada é, como pon abaixo, que "fala claro". Tamén polo que ti dis, porque hai dúas frases en castelán e porque non hai problema se utilizas os dous idiomas ou só un, pero xa sabes cal debe ser nese caso.
Respecto a priorizar o individuo sobre o colectivo... Amén. Como dicía Castelao: "Se aínda somos galegos..."

Rodri dijo...

¡que debate!e lóxico que o español este por encima do galego en tódolos ámbitos canto maior e a comunicación,no rural subsistía por estar un pouco apartado do mundo, pero o que non se pode e trocar e o sentimento de cada un, e se desaparece o galego e porque o mellor o galego non e merecedor de algo tan fermoso e enriquecedor como un idioma e unha cultura propia ,eu considérome un traballador Un problema mais importante e que os que nos teñen que explicar porque temos que falar galego e dicir políticos utilizan unha linguaxe tan complexa vexase Beiras, que a mallo ria da poboación non entende igualiño que o fulano do neoliveralismo,que nada que o final combencerás a catro tíos que escriben libros de falar galego pero a maioría dos galegos non nos dedicamos a iso.