A federación de baloncesto prescinde de Pepu, o home que conseguiu o primeiro título mundial para España na historia deste deporte. A de balonmán, obrigada polo acordo dos clubs que impide compaxinar equipo e seleción, retira a súa oferta de renovación a Juan Carlos Pastor, o técnico que acadou o único ouro mundialista nesta disciplina. No fútbol, Luis Aragonés continúa no seu cargo logo de eternas polémicas e tras prometer que marcharía se non pasaba de cuartos no último Mundial. Caeu en oitavos. Cousas veredes...
4.6.08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Espestacular a foto de Pepu Hernández! Ampliádea e preguntádevos se non podía pagarse unha endodoncia! Aíto é moito mellor adestrador e un home de clase.
Publicar un comentario