22.5.08

Por que?


Porque uns estaban de vacacións e outros deprimidos; porque son as peores datas posibles; porque está mal organizada; porque a final era en Santiago, en Lugo... e ao final foi en Ourense; porque ía ser o 1 de maio, logo na pretempada e finalmente o día 20; porque foi un martes ás 20.45 horas; porque era un día laborable; porque debería ser en Compostela (por sentido común); porque é unha vergonza que a Televisión de Galicia non retransmita a Copa de Galiza; porque...que coño hai que retransmitir daquela?; porque as afeccións merecen máis respecto; porque a cara de concentración de Manuel Pablo dio todo; porque o fútbol é da xente; porque os xogadores non lle dan importancia a un derbi; porque un derbi é un derbi (hostia!); porque os clubs de Terceira protestaron; porque o trofeo parecía comprado na tenda da esquina; porque hai quen non sabía nin cantos xogadores se podían cambiar; porque é oficial para quen a gaña e unha pachanga para quen perde; porque o lóxico sería que fora na pretempada; porque en dúas edicións cambiou de nome dúas veces; porque hai quen xa insinúa con non xogala; porque calquera o organizaría mellor; porque a Copa da Costa é moito máis interesante; porque esta organización non merece o nome que leva... E un cento de razóns máis para mellorar a Copa Galiza. Por que non se fan as cousas como é debido?

1 comentario:

Alfredinho dijo...

Ás veces pregúntome por qué teño tanta envexa de países coma Catalunya ou Euskal Herria... e penso que aquí atopei unha razón máis.

Unha aperta!


P.D.: Na Copa da Costa por intensidade, emoción, sentimentos, enerxía e nalgúns casos (poucos) por calidade, non temos nada que envexarlle á 1ª División.
Sobre todo cando a gaña o Corme (que pro ano que vén fai dez anos que lla gañamos ó Ponteceso no seu campo).