E disque gañou a esquerda. Pois se cadra non tanto. O PSOE comeulle votos a Izquierda Unida e a Esquerra, o bipartidismo é cada vez máis forte, os nacionalismos perden forza e, xa que logo, o pluralismo é cada vez menor. O PP está contento porque, malia perder, a desfeita de IU, dos temibles republicanos cataláns ou de Eusko Alkartasuna é unha vitoria para eles. A baixada de votos do PNV, tamén. Do mal, o menor: a burguesía e dereita catalá, tan afeita a pactar con quen máis lles dea, será a clave. A outra dereita (extrema) non gañou, certo, e iso foi o que querían moitos, pero isto cada vez é máis parecido ao fútbol. Do Barça ou do Madrid. O demais, pouco importa. Que hai que esperar dun sistema onde un millón de votos valen o mesmo que menos de 200.000? Cun reparto proporcional, IU tería agora 14 escanos e non 2, o BNG, un máis (3), mentres que PP, PSOE e PNV perderían deputados e CiU quedaría igual. O conto de que o sistema favorece ás minorías non é tal. ¿Atreveríase Zapatero a pactar con CiU tendo a posibilidade clara de facelo con Izquierda Unida? Velaí a cuestión.11.3.08
Quen gañou?
E disque gañou a esquerda. Pois se cadra non tanto. O PSOE comeulle votos a Izquierda Unida e a Esquerra, o bipartidismo é cada vez máis forte, os nacionalismos perden forza e, xa que logo, o pluralismo é cada vez menor. O PP está contento porque, malia perder, a desfeita de IU, dos temibles republicanos cataláns ou de Eusko Alkartasuna é unha vitoria para eles. A baixada de votos do PNV, tamén. Do mal, o menor: a burguesía e dereita catalá, tan afeita a pactar con quen máis lles dea, será a clave. A outra dereita (extrema) non gañou, certo, e iso foi o que querían moitos, pero isto cada vez é máis parecido ao fútbol. Do Barça ou do Madrid. O demais, pouco importa. Que hai que esperar dun sistema onde un millón de votos valen o mesmo que menos de 200.000? Cun reparto proporcional, IU tería agora 14 escanos e non 2, o BNG, un máis (3), mentres que PP, PSOE e PNV perderían deputados e CiU quedaría igual. O conto de que o sistema favorece ás minorías non é tal. ¿Atreveríase Zapatero a pactar con CiU tendo a posibilidade clara de facelo con Izquierda Unida? Velaí a cuestión.26.2.08
God save the Kid

Tres goles máis e van 21. Fernando Torres, o outro triunfador español na Premier, insiste en calar bocas no Liverpool. O seu último hat trick debería ser o definitivo que remate coas críticas daqueles que insisten en que é un dianteiro sen gol, que erra demasiado ou que non vale para un grande. Eran estes os mesmos que, ben seguro, o subiron aos altares cando debutou con tan só 17 anos no Atlético. É costume en España esaxerar as louvanzas cando as cousas van ben e tamén as críticas cando non todo sae como debera. O caso é que os datos tampouco daban a razón aos críticos que insistían en minimizar as cualidades de Torres. Na súa primeira tempada en Primeira anotou 13 goles, un menos que un tal Eto’o no Mallorca. Na segunda chegou a 19, dous máis que o camerunés, que non foi quen de superar a barreira dos 20 ata que chegou ao Barça. Porque as oportunidades eran escasas e porque non é o mesmo recibir os pases de Messi, Ronaldinho, Deco ou Iniesta que esperar unha asistencia de Nagore, De los Santos, Emerson ou Musampa. Aínda así, El Niño, capitán do Atleti sendo un rapaz, promediou 15 goles por ano nun equipo que fracasou e fracasa. Nun fútbol ideal para el e sen a presión do pasado, Torres, fillo e neto de galegos, vai camiño de facer historia. Aínda así, non faltará quen diga que, sen el, o Atleti vai mellor... ¿Ou xa non?
*Para Alfredinho e para os que nunca nos rendemos na nosa teima.
Tamén en LV
31.1.08
Entroido (IV) - Os xeques árabes
15.1.08
Entroido (III) - San Fermín
O doado dos traxes sanfermineros contrastaba coa obra mestra do noso touro, un animaliño manso que servía tamén de carro para as bebidas. Ao pobre, foille prohibida a entrada nalgún bar, pero non a nós, que cantamos as cancións propias da festa pamplonica en todas as tascas... e en todas as igrexas. Pero o mellor, sen dúbida, foi ver correr centos de persoas detrás do noso touro polas rúas máis céntricas da cidade. Foi un 'encierro' masivo, popular e divertido que mereceu incluso comentarios na prensa coruñesa e fotos con varios admiradores. Un exitazo!12.1.08
9.1.08
Entroido (I) - New Team

Rematadas (por fin!!!) as festas do Nadal, achéganse moito as do Entroido, unha das preferidas para min e para a maioría dos meus amigos e colegas varios, verdade? Para motivar un ano máis á peña carnavaleira, aquí comeza unha serie para recordar os mellores disfraces dos últimos anos. O primeiro é este de 'Campeones'. Aínda que na foto non se aprecia moito, estaba Oliver, Benji (aí se lle ve a gorra), Patty (con diadema incluída), Mark Lenders e todo o equipo do New Team, con dorsais e todo. O éxito acadado durante aquel Entroido foi o resultado dunha semana de traballo. Debuxando, pintando camisetas... Ata a música nos acompañou. "Allá van con el balón en los pies...". Lembrades?
2.1.08
Seleccións

Houbo medios que falaron de “fracaso” e “partidos que no interesan a nadie” para referirse aos encontros das seleccións 'autonómicas' da pasada semana. Outros insistiron en que hai cousas máis importantes nas que gastar os cartos, nunha afirmación tan real como demagóxica. Eu tampouco quero que gasten un peso en financiar a Igrexa, en facer certos programas de televisión ou en pagarlle soldos millonarios a ex presidentes... pero non me queda outra que achantar. O que me pregunto eu é se son iguais de criticables os partidos das seleccións estremeña, murciana ou andaluza -con campos baleiros e moitísimos xogadores negándose a participar- que aqueles que reunen 28.000 espectadores nun estadio que non se enche desde que xogaba Mostovoi ou xuntan 40.000 persoas un sábado previo a fin de ano. Pero claro, disque estes últimos son actos “politizados”. Evidentemente, e tan politizados. O estraño sería ver 30.000 persoas vendo un partido de Murcia ou Extremadura, ou reclamando a súa oficialidade. Porque hai diferenzas... ¿Ou non?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

