26.2.08

God save the Kid


Tres goles máis e van 21. Fernando Torres, o outro triunfador español na Premier, insiste en calar bocas no Liverpool. O seu último hat trick debería ser o definitivo que remate coas críticas daqueles que insisten en que é un dianteiro sen gol, que erra demasiado ou que non vale para un grande. Eran estes os mesmos que, ben seguro, o subiron aos altares cando debutou con tan só 17 anos no Atlético. É costume en España esaxerar as louvanzas cando as cousas van ben e tamén as críticas cando non todo sae como debera. O caso é que os datos tampouco daban a razón aos críticos que insistían en minimizar as cualidades de Torres. Na súa primeira tempada en Primeira anotou 13 goles, un menos que un tal Eto’o no Mallorca. Na segunda chegou a 19, dous máis que o camerunés, que non foi quen de superar a barreira dos 20 ata que chegou ao Barça. Porque as oportunidades eran escasas e porque non é o mesmo recibir os pases de Messi, Ronaldinho, Deco ou Iniesta que esperar unha asistencia de Nagore, De los Santos, Emerson ou Musampa. Aínda así, El Niño, capitán do Atleti sendo un rapaz, promediou 15 goles por ano nun equipo que fracasou e fracasa. Nun fútbol ideal para el e sen a presión do pasado, Torres, fillo e neto de galegos, vai camiño de facer historia. Aínda así, non faltará quen diga que, sen el, o Atleti vai mellor... ¿Ou xa non?

*Para Alfredinho e para os que nunca nos rendemos na nosa teima.
Tamén en LV

2 comentarios:

Rodri dijo...

Sen dubida que e un gran xogador Migui , pero dende logo non creo que sexa para tanto..... para min que Isma Urzaiz o "Bardem do fútbol mundial" con uns anos menos faríao igual ou mellor na liga inglesa que el niño torres non te deixes mediatizar pola prensa madrileña, porque xoga contra equipos ingleses adestrados por místers ingleses ;pero non creo que seña tan eficaz contra sistemas tácticos como plantexa Arsène Wenger ou o propio Juande,sistemas mais baseados nun medio do campo de recuperación destrución e ataque.Inglaterra aínda ten equipos con sistemas anticuados sen usar centrocampo,e ¿ que fai Liverpool,Arsenal e recentemente o Tottenham?e aplicar un sistema chamémoslle "europeo"con centrocampistas das cualidades que mencionei anteriormente ,e adaptándose moi ben e moi intelixentemente con xogadores altos e con velocidade na dianteira posto que os defensas ingleses soben o medio do campo e deixan moitos espazos entre a ultima liña e o porteiro,pero non e algo novo na liga inglesa ou ¿xa te esquenceches de aqueles dianteiros triunfadores como André Flo ,Jan Koller,Carew,incluso me atrevería a dicir,Benny McCarthy?,pero¿que puideron facer eses dianteiros ante os dobres pivotes e os dous centrais que sacan balóns controlados dende atrás ...nada creo eu....un saúdo e unha pregunta ¿por que Forlan funciona mellor na liga española que na inglesa ?porque baixa a recibir do centro do campo cousa que no fútbol inglés e unha tontería porque os centro campistas so se ocupan de entregar a o balón a dianteira correndo ou con pases largos,non hai circulación de balón no medio....un saudo.

Alfredinho dijo...

Amén hermano, amén.