*Que A Coruña é madridista é unha afirmación desacreditada hai ben tempo. A irrupción do Superdépor nos 90 permitiu que os rapaces que soñaban con ser grandes medraran vendo a súa cidade na elite. Cultivaron así a rivalidade co poderososo que algún día ateigaba Riazor, e fomentaron unha afección que xa non esmorecería nin nas peores épocas... E iso, a fidelización cun equipo, vale máis que moitos títulos. Os novos deportivistas non soñan con ser como o Madrid. Soñan con gañarlle.
*Tamén en L-V
1 comentario:
Nun Dépor-Madrid sufrín un ataque de ledicia. Comecei a rir sen control, a risa máis sincera da miña vida. Bebeto lle marcara o terceiro na partido da Liga que lles gañamos con Toshack, e tiña varias persoas caendo sobre min mentres o celebrabamos. E van 17 anos...
Publicar un comentario